Cargando resultados...
O Obradoiro busca recuperar a confianza diante do Murcia
Moncho Fernández insiste na importancia de que os tiradores teñan plena confianza
G24.gal
08/04/2023 13:02
O Obradoiro abre a participación galega na xornada ACB. Ás seis recibe o UCAM Murcia no Fontes do Sar. Logo de tres derrotas seguidas, os de Moncho Fernández queren recuperar sensacións, esas que perderon durante moitos minutos en Manresa.
Chega a Santiago un rival directo. O Murcia ten un só triunfo menos que os galegos. Durante a semana, Moncho Fernández quixo transmitir confianza aos seus tiradores neste momento de desacerto.