Publicador de contidos

Publicador de contidos

O pequeno comercio tamén adianta as rebaixas

O pequeno comercio tamén adianta as rebaixas

A desestacionalización das rebaixas fai que o pequeno comercio conviva coa competencia dos descontos das grandes cadeas

G24.gal 03/01/2025 14:54 Última actualización 03/01/2025 15:19

Nunha época e nun mercado cheo de descontos, o pequeno comercio vese na maior parte dos casos obrigado a redefinir a súa estratexia de negocio. Cada vez son máis os que tamén adiantan as rebaixas para poder competir coas cadeas e grandes superficies. 

As rebaixas adiantadas son unha realidade coa que o pequeno comercio ten que convivir. Compiten pero con saldos máis discretos e avisan de que os grandes soldos moitas veces teñen truco, porque indican que son "ata" e non "desde". 

A lei desestacionalizou as rebaixas, porén tamén hai pequeno comercio que resiste e que non as adianta porque, aseguran "teñen marxes pequenas e se as fan, non poderían sobrevivir". Sexa como for, no que si coinciden todos é en que o pequeno comercio ofrece unha venda máis personalizada e exclusiva.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade