Cargando resultados...
O PP pide a comparecencia urxente no Senado do ministro Puente
Quere que explique as incidencias ferroviarias deste verán

G24.gal
16/08/2024 14:17
Última actualización 16/08/2024 14:23
O Partido Popular pide a comparecencia urxente de Óscar Puente no Senado para que explique os problemas na rede ferroviaria.
Os populares queren que a Camara Alta habilite unha sesión extraordinaria en agosto.
O PP quere ademais que o ministro informe sobre a situación do seu departamento, e sobre a presunta trama de corrupción relacionada co caso Koldo.