O programa Merlo apoiou en 2024 cen proxectos empresariais liderados por retornados
O programa asesóraos na creación dos seus proxectos de emprendemento e que, de paso, quere servir para asentar poboación en Galicia
Os promotores do programa Merlo fixeron balance de once de anos dese proxecto de mentorización e asesoramento pensando para fillos e netos de emigrantes que veñen para montar aquí pequenas empresas.
"Acadamos o obxectivo de que desde 2013 xa houbera 800 emprendedores, procedentes de máis de 40 países, que están facendo aquí as súas vidas e ao mesmo tempo colaborando co desenvolvemento da nosa sociedade", declarou José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración.
O Goberno galego entende tamén este programa como un xeito de paliar a crise demográfica e os problemas de persoal de determinados sectores, buscando perfís con máis probabilidades de quedar aquí.
