Cargando resultados...
O PSdeG exibe o seu poder municipal para denunciar "infrafinanciamento" por parte da Xunta
Gómez Besteiro subliña a relevancia do ámbito local, "onde se tratan as verdadeiras necesidades reais dos veciños e veciñas de Galicia"
G24.gal
17/09/2024 14:40
José Ramón Gómez Besteiro reuniu case un cento de alcaldes socialistas para poñer en común as demandas dos concellos. O líder do PSdeG dixo que o seu partido goberna máis do 50 por cento dos galegos, e denunciou o infrafinanciamento que sofren, na súa opinión, por parte da Xunta.
"O que hai é un baixo financiamento do mundo local con competencias impropias que asfixian día a día o mundo municipal, onde se tratan as verdadeiras necesidades reais dos veciños e veciñas de Galicia. Esas cuestións do mundo municipal son as que non lle preocupan a Rueda", asegurou Gómez Besteiro.