Cargando resultados...
O Rácing, pola vitoria na súa estrea na Malata
O equipo de Cristóbal xogará ante o Spórting de Xixón no seu primeiro encontro como local
G24.gal
26/08/2023 16:50
Mañá debuta o Rácing na Malata. Logo dun verán de intensos traballos, o equipo ferrolán poderá xogar na súa casa como local.
O Rácing afronta o choque nun estado de euforia, logo de manterse invicto nas dúas primeiras xornadas como visitante.
Gozan dunha masa social que segue medrando, camiño xa dos 8.000 abonados.
Ademais, esgotáronse as entradas para recibir mañá o Spórting, que porá a proba os de Cristóbal.
O técnico foi o encargado de inaugurar a nova sala de prensa da Malata, xusto despois da última sesión na Gándara.