Cargando resultados...
O Rácing busca volver á senda dos bos resultados contra o Eldense
Cristóbal Parralo, que non poderá contar con Brais, avisa os seus: "Este ano haberá que sufrir"
G24.gal
21/10/2023 13:56
O Rácing volve mañá á Malata logo de dúas xornadas sen gañar. Como nunca choveu que non escampara, os de Cristóbal contan con volver á senda dos bos resultados diante do Eldense, tamén ascendido esta temporada e rival directo.
O técnico, que non vai poder contar co mancado Brais, avisa do potencial do cadro alacantino. Cristóbal apela á axuda da Malata. Preocúpalle a falta de gol dos seus, e lembra que, na segunda, cada xornada hai que sufrir.