O Rácing presenta a Raúl Blanco
O moañés xogará cedido ata final de temporada cedido polo Casa Pía da Primeira División portuguesa
Raúl Blanco Juncal reforzará o Rácing de Ferrol na segunda volta da Liga Hypermotion en calidade de cedido polo Casa Pía AC da Liga Portuguesa.
A presentación do xogador tivo lugar esta mañá na Malata coa presenza de Manuel Ángel Asende, presidente do clube. O mediapunta de Moaña xa debutou co Rácing de Ferrol na Segunda División, desputando 31 minutos fronte ao Cartaxena na Malata. Chega ao equipo co obxectivo de salvar a categoría e saír dos postos de descenso: "Veño achegar dende onde toque".
Pode ser unha peza moi importante no esquema de Cristóbal Parralo, sendo un mediapunta con moita facilidade para asociarse e con moito perigo de cara a gol, sumando 11 goles e 9 asistencias a pasada tempada: "Veño achegar no último terzo, creo que se me dá ben xogar na mediapunta e que podo axudar".
Raúl Blanco formouse na canteira do Real Club Celta, debutando co Celta Fortuna na extinta Segunda División B na tempada 20/21 e xogando coa canteira celeste ata a 23/24, cunha breve cesión de un ano no Arenteiro. Foi un xogador moi relevante na canteira olívica, chegando a ser o capitán dun Celta Fortuna que loitou por ascender á categoría de prata do fútbol español. No verán de 2024, o xogador firmou un contrato co Casa Pía portugúes por tres tempadas, poñendo fin a unha etapa de 15 anos vinculado ao Real Club Celta.
É o terceiro Juncal que viste a camisola do Rácing de Ferrol, tras Jonathan Aspas Juncal e Adrián Cruz Juncal, os dous na 14/15.