O Rácing agarda o Español coa posibilidade de durmir líder
Comeza a segunda volta e o encontro xa parece unha final polo ascenso
O Rácing pode poñerse líder da categoría e meter presión ao Leganés; o Español busca a segunda praza, en mans dos ferroláns
O Rácing de Ferrol recibe o Español nun partido chave na loita polo ascenso. A pesar de que os de Cristóbal Parralo prefiren seguir centrados en que a salvación é o obxectivo, as posibilidades de soñar con algo máis grande pasan por sacar partidos como os de este sábado. O adestrador do equipo ferrolán avisa da calidade que ten o equipo catalán.
Unha das dúbidas nesta segunda metad da tempada é quen ocupará o posto de Carlos Vicente, traspasado ao Alavés neste mercado invernal. O técnico pide reforzos, pero tamén conta cos xogadores que ten á súa disposición.
Un factor importante será o do terreo de xogo, que no partido de Copa do Rei, fronte ao Sevilla, amosouse en mal estado. O club ferrolán busca solucións para que a situación mellore.
Se o Rácing gaña poríase líder, á espera do resultado do Leganés que xoga o domingo. Pola contra, unha derrota apertaría moito a loita por esa segunda praza, na que por agora loitan sete equipos separados por cinco puntos.