Cargando resultados...
O Rácing recupera a súa sección feminina
O conxunto ferrolán creará un equipo feminino na categoría infantil

G24.gal
30/08/2023 11:33
Catro tempadas máis tarde, o Rácing de Ferrol volve recuperar a súa sección feminina grazas a creación dun equipo infantil na súa base.
O conxunto feminino leva a cabo esta iniciativa coa intención de "consolidar unha estrutura solida" para que aumenten o número de equipos femininos.
A creación do equipo baséase tamén nos desexos de satisfacer tanto ás familias como ás xogadoras que querían xgar nunha liga netamente feminina e non mixta.
As rapazas xa levan varias sesións de adestramento dirixidas polo que será o seu adestrador, xa experimentado nas categorías do fútbol base, Carlos Ramallo.