Cargando resultados...
O rei Xoán Carlos regresa a Galicia para participar nunha nova regata de vela
É a súa segunda visita a Sanxenxo no último mes
Xoán Carlos participará na competición desta fin de semana a bordo do Bribón

G24.gal
17/04/2024 12:53
Última actualización 17/04/2024 18:33
E o rei Xoán Carlos chegou xa a Galicia para participar nunha nova regata de vela en Sanxenxo.
Ao mediodía aterraba no aeroporto vigués. Alí foi recibido a pé de pista polo presidente do Club Náutico de Sanxenxo, Pedro Campos. Logo os dous trasladábanse en coche á vila pontevedresa.
A regata será o sábado e o domingo. O rei Xoán Carlos participará a bordo do Bribón. É a súa segunda visita a Galicia no último mes.