O Reino Unido e Francia conmemoran os 120 anos da Entente Cordiale
A firma do tratado supuxo a regulamentación da expansion colonial dos dous países
Varios actos simultáneos celebrados en París e en Londres conmemoraron este oito de abril os 120 anos da firma da Entente Cordiale entre Francia e o Reino Unido que puxo fin as desavinzas históricas destes dous países.
En 1904 franceses e británicos acababan coas súas rivalidades coloniais e históricas coa firma da Entente Cordiale. Este luns, 120 anos despois, para conmemorar esa data as tropas francesas e británicas intercambiaron os seus roles nas cerimonias de Cambio de Garda fronte aos palacios de cada xefe de Estado en París e en Londres.
En Buckinhgam as tropas francesas ocuparon o lugar da garda real británica, unha medida sen precedentes xa que é a primeira vez que un país de fóra da Commonwealth participa no Cambio de Garda na explanada do Palacio de Buckingham.
En Londres a cerimonia foi presenciada polo duque e a duquesa de Edimburgo, en representación do rei, mentres que no Elíseo en París, o presidente Macron observou o desfile.