Cargando resultados...
O Supremo condena a Deputación de Pontevedra pola contratación irregular de bolseiros
O Tribunal Supremo recoñece a relación laboral dos afectados
A sentenza di que realizaban o seu traballo con autonomía, sen a supervisión de titores nin traballadores

G24.gal
19/01/2022 20:44
A xustiza condena a Deputación de Pontevedra pola contratación irregular de 38 bolseiros.
O Tribunal Supremo recoñece a relación laboral dos afectados, porque realizaban o seu traballo con total autonomía, di a sentenza, e sen a supervisión por parte dalgún titor ou traballador.
O auto di que non imperou o interese formativo, senón o empresarial. O Supremo ratifica así o ditame anterior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Foi o sindicato Comisións Obreiras o que denunciou hai tres anos as irregularidades na contratación de bolseiros na Deputación de Pontevedra.