Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Supremo confirma os cinco anos de cárcere para o exmarido de Oltra por abusar dunha menor

O Supremo confirma os cinco anos de cárcere para o exmarido de Oltra por abusar dunha menor

A Sala do Penal rexeitou o recurso do condenado, que pedía anular a resolución condenatoria do Tribunal Superior de Xustiza da Comunitat Valenciana e repetir o xuízo

O avogado da vítima amosouse satisfeito coa ratificación da condena 

G24.gal 13/12/2023 19:01 Última actualización 13/12/2023 19:39

O Tribunal Supremo confirmoi a pena de cinco anos de cadea para Luis Ramírez, exmarido da exvicepresidenta do Goberno valenciano Mónica Oltra, por abusar sexualmente dunha menor de 16 anos que estaba baixo a tutela da Generalitat.

A Sala do Penal rexeitou por unanimidade o recurso do condenado, que pedía anular a resolución condenatoria do Tribunal Superior de Xustiza da Comunitat Valenciana e repetir o xuízo.

A menor estaba tutelada pola Generalitat desde que fora declarada en situación de desamparo, e os abusos producíronse no centro onde residía a vítima e traballaba como educador a exparella de Mónica Oltra.

Ramírez foi condenado en decembro de 2019 a cinco anos de prisión pero en xuño de 2020 o Tribunal Superior de Xustiza da Comunitat Valenciana anulou a condena e ordenou repetir a vista para que o tribunal tivese en consideración dous informes que poñían en dúbida a credibilidade da menor.

A sentenza foi novamente condenatoria e agora o Tribunal Supremo ratificou a condena por un delito continuado de abuso sexual a menor de 16 anos, con aproveitamento de situación de superioridade, nunha sentenza cuxo contido se coñecerá nos próximos días.

Asemade, a Audiencia criticou a "instrución paraxudicial" do caso da menor que, na súa opinión, se fixo na Consellería de Igualdade que dirixía Oltra.

A menor acosada iniciou un proceso xudicial contra a Consellería, en que se atopa imputada a propia Oltra, quen dimitiu de todos os seus cargos en xuño de 2022, pola suposta omisión do deber de custodia e protección, e para determinar se se produciu un delito na elaboración dun informe interno sobre o acontecido. 

O avogado da vítima, satisfeito coa ratificación da condena 

O letrado que representa á moza vítima de abusos sexuais cando era menor de idade manifestou este mércores que está satisfeito coa ratificación da condena de cinco anos de prisión acordada polo Tribunal Supremo.

Manuel Salazar realizou estas declaracións á súa chegada aos xulgados de Valencia, onde este mércores declara a vítima en calidade de testemuña no marco da causa que dirixe o xulgado de Instrución 15, que ten por obxecto investigar precisamente se a Conselleria de Igualdade, que dirixía Mónica Oltra, puido manobrar para ocultar este caso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade