Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tope do prezo do gas non afectará por igual a todos os consumidores

O tope do prezo do gas non afectará por igual a todos os consumidores

Quen ten o prezo vinculado ao mercado almacenista "aforrará de media entre 30 e 45 euros durante os 12 meses que estará en vigor a medida"

G24.gal 13/06/2022 14:44

Os máis beneficiados polo tope ao prezo do gas serán os consumidores que teñen un tarifa regulada, a que depende das variacións do mercado. Son as conclusións dun estudo de dous economistas expertos nos prezos da enerxía.

Jorge Sanz, economista de Nera Economic Consulting, explica que pos clientes que teñen o prezo vinculado ao mercado almacenista "aforrarán de media entre 30 e 45 euros durante os 12 meses que estará en vigor a medida", mentres que segundo di os que teñen contrato a prezo fixo "verán que a súa factura sobe ata 75 euros no mesmo período".

Cartos cos que, segundo Sanz, aclara contribúen a financiar a subvención e a compensar a outras instalacións de xeración porque baixa o prezo, como por exemplo as renovables.

O Banco de España apunta que o tope ao gas só reducirá en medio punto a inflación. O Goberno, en palabras do Ministro de Inclusión, Seguridade Social E Migracións recoñece que "é difícil facer proxeccións a curto prazo".

Tamén preocupa a evolución internacional do prezo do gas. Nadia Calviño, Vicepresidenta primeira do Goberno, remarcou que "debemos ser conscientes de que estamos nun escenario internacional complexo no que o prezo do petróleo e o gas seguen escalando nos mercados".

Algúns expertos apuntan que a medida pode empobrecer España como país porque transferirá 1.400 millóns de euros a Portugal, Francia e Marrocos con exportacións de electricidade subvencionada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade