Cargando resultados...
O uso da tarxeta fronte ao metálico segue disparado tras a pandemia
Só nos tres primeiros meses de 2022, o uso das tarxetas subiu un 27 %
No 2005 o pagamento medio con tarxeta era de 50 euros e hoxe é de 30 euros

Alberto Mancebo
18/08/2022 14:17
A utilización da tarxeta fronte ao metálico segue medrando despois dos meses duros da pandemia cando o seu uso era recomendado. Un hábito que se fixo maioritario e que veu para quedar.
Hai países que camiñan cara á desaparición das moedas e billetes, pero os galegos ven difícil que iso se faga realidade aquí nos vindeiros anos. A irrupción do Bizum e a perda do medo a pagar pequenas cantidades esténdense mentres que desaparecen caixeiros.