Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Valencia, obrigado a empregarse a fondo para derrotar un minguado Leyma (91-99)

O Valencia, obrigado a empregarse a fondo para derrotar un minguado Leyma (91-99)

Cunha rotación moi minguada, os coruñeses aguantaron ata o final diante dun dos líderes da ACB

G24.gal 05/01/2025 14:19

O Valencia Básket, un dos líderes da ACB, tivo que empregarse a fondo para derrotar o Leyma Coruña. Sen Augusto Lima e Scrubb, cunha rotación moi minguada, o equipo galego deu a cara ata o último segundo e ameazou con darlles un desgusto aos valencianos. 

Todo o partido xogouse a un ritmo moi alto. O primeiro cuarto (30-28) deixaba ver o perfil de partido que ían disputar os dous equipos. O Valencia empregando a súa gran rotación e o Leyma aguantando a secuencia grazas ao acerto de Taylor e Barrueta. Ata o descanso foi un toma e daca constante con múltiples alternativas e que rematou cos visitantes tres arriba (48-51). 

No segundo tempo parecía rachar o partido o Valencia cando se foi doce arriba (52-64) pero o Leyma agarrouse ao partido, soubo sufrir e cun gran Lundqvist equilibrou o resultado (70-72). No último cuarto a calidade e poderío físico do Valencia mantívoos por diante no marcador (77-86). Os coruñeses tiraron das últimas reservas de gasolina (84-87) para buscar a milagre pero acabaron perdendo por 91-99. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade