Orde de detención e prisión para Txapote e outros tres dirixentes da ETA
A Audidencia Nacional dita unha orde de detención pola súa presunta implicación no asasinato do maxistrado Querol Lombardero

O xuíz Santiago Pedraz dita unha orde de detención e prisión contra Txapote e outros tres dirixentes da ETA, pola súa presunta implicación no asasinato do maxistrado Querol Lombardero.
Actualmente Javier García Gaztelu, alias Txapote, cumpre condena nunha prisión de Álava, a onde foi achegado hai un ano. Canda a el impútase tamén a Ainhoa Múgica, a Olarra Guridi e a Juan Luis Rubench, pola súa presunta implicación no atentado que o Comando Madrid levou a cabo en outubro do ano 2000. Nese atentado con coche bomba foron asasinados Lombardero, o seu escolta e o condutor.
Fontes xurídicas confirmaron que esta decisión do titular do Xulgado Central de Instrución Número 5 é meramente instrumental e que coa mesma dáse cumprimento ás euroordes emitidas a Francia para que os investigados poidan ser escoitados en sede xudicial.