Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os controis policiais son cada vez máis intensos na macrofesta ilegal de Cidade Real

Os controis policiais son cada vez máis intensos na macrofesta ilegal de Cidade Real

Unha persoa cun coitelo foi retida polos propios participantes na rave e entregada aos axentes

Os organizadores logran manter a orde sen outros incidentes significativos

G24.gal 04/01/2025 20:32

Superáronse amplamente as cen horas de música tecno desde a Noitevella na Big Fucking Party, que se celebra nos terreos próximos ao aeroporto de Cidade Real. Unhas cinco mil persoas móvense día e noite ao ritmo que os Djs propoñen en dez escenarios sen pagar entrada e con acampada libre.

Ao comezo desta rave a previsión era que durara ata o día de Reis, pero agora non está claro.

"Grazas a España, como cada vez, por recibirnos. Todo se pasa moi ben en plan de festa durante tantos días", comenta un dos organizadores.

Detrás de todo isto converxen alternativas autoxestionarias que van desde o neonomadismo ata o movemento okupa. A organización é necesaria para que a festa non se descontrole.

"Se te fixas, todo o mundo ten a súa bolsiña de lixo a carón do coche e todo bastante ben, non adoitamos ter incidentes", di unha participante.

O panorama deste sábado ofrece unha vertente menos festiva. Os 170 axentes que custodian a área da Big Fucking Party estiveron realizando controis e cacheos. As colas de vehículos que se formaron por este motivo eran enormes. De madrugada foi detido pola policía un home que ameazou cun coitelo os asistentes á macrofesta. Xente do público logrou retelo ata que chegaron os axentes da orde. Como din os organizadores, hai liñas de convivencia que nunca poden pasarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade