Cargando resultados...
Os gandeiros piden axudas polos estragos de Kirk
Os propietarios das explotacións aseguran que van ter problemas para alimentar os animais
G24.gal
17/10/2024 14:27
Os agricultores e gandeiros galegos afectados polos estragos da borrasca Kirk nas plantacións de millo piden axuda. Temen que haxa problemas para conseguir alimento para os animais. O sindicato Unións Agrarias pídelle á Xunta axudas directas para mercar forraxe.
Advirten de que terán que subir o prezo do leite, que é 4 céntimos máis baixo que no resto de España, para afrontar os gastos.
Félix Porto, de Unións Agrarias, apuntan que necesitan "que esa forraxe se consiga a prezos aceptables, que non se distorsionen os prezos de mercado e que se actúe. Hai que facelo con axudas directas ás explotacións porque se non vai levar moitas por diante".