Os hostaleiros coruñeses botan man do programa Retorna da Xunta para atopar traballadores cualificados
Os hostaleiros coruñeses botan man do programa Retorna da Xunta para atopar traballadores cualificados
O terceiro grupo de descendentes galegos está a piques de completar a súa formación para incorporarse ao mercado laboral
Oito mulleres e sete homes, a terceira xeración da emigración galega, que estes días están a facer na Escola de Hostalería da Coruña un curso intensivo de axudante de cociña para formarse e así poder traballar en establecementos hostaleiros de toda Galicia.
Con esa formación o que se busca é dar resposta á elevada oferta de emprego que arrastra este sector dende a pandemia. Un proxecto que se enmarca dentro do programa Retorna, posto en marcha polo Goberno galego, que xa é un modelo de integración laboral de referencia en toda España.