Os Premios Galicia de Industria e Enerxía distinguen o labor de oito empresas

Os Premios Galicia de Industria e Enerxía, convocados polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, distinguiron este ano o labor de oito entidades e empresas galegas. Trátase do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), a Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU), a Universidade de Vigo, BETA Implants, UNVI (Unidade de Vehículos Industriais do Grupo Pérez Rumbao), Enor Ascensores, Xesol Innovation e o Concello de Vigo.
A maiores, o xurado concedeu unha mención especial a Urovesa, empresa con sedes en Valga e Santiago, pola súa traxectoria na construción de vehículos especiais de gran tonelaxe e capacidade.
Os galardóns serán entregados durante unha gala que terá lugar o vindeiro día 31 de maio no auditorio de Afundación de Vigo.