Os sindicatos apertan para subir o SMI a 1.200 euros
O Goberno propón subir 50 euros, ata os 184, pero móstrase flexible
Convoca os axentes sociais a outra reunión o día 22 para pecharen un acordo
O Goberno e os axentes sociais reuníronse este mércores para comezar a negociar a suba do Salario Minimo Interprofesional. O executivo propón elevalo 50 euros ao mes, ata os 1.184 euros, pero di que é unha proposta aberta e flexible.
A patronal non achegou a súa posición neste primeiro encontro. E os sindicatos aproveitaron para apertar para que o incremento eleve o SMI ata os 1.200 euros mensuais. Tamén reclaman saber se eses 1.184 euros en 14 pagas que propón o Ministerio de Traballo van quedar ou non exentos de tributación.
O Goberno convocounos a unha nova reunión o vindeiro día 22 de decembro para pechar o acordo. Considera que é imprescindible seguir na senda de elevar o salario mínimo para reducir as fendas de pobreza.
"Poderá beneficiar dous millóns de persoas. E 50 euros é moitas veces a fronteira entre unha boa e unha mala alimentación ou entre poder poñer ou non a calefacción", aseguraba o secretario de Estado de Emprego, Joaquín Pérez Rey