Cargando resultados...
Os sindicatos transmítenlle a Feijóo a necesidade de baixar o prezo da enerxía
O presidente do PP presenta aos axentes sociais o seu plan económico

G24.gal
19/04/2022 19:32
Alberto Núñez Feijóo aborda cos sindicatos o plan económico que lle vai presentar ao presidente do Goberno a finais de semana.
O presidente do PP atopou pola mañá pleno apoio dos empresarios na necesidade de baixar os impostos. Unha política que non comparen os sindicatos. CCOO cre que agora a prioridade é reducir os prezos enerxéticos para rebaixar a inflación.
Dende UXT, prefiren coñecer o plan económico do PP ao completo para facer unha valoración máis axustada.