Cargando resultados...
Os usuarios do tren do Eixo Atlántico denuncian atrasos frecuentes
Esta mesma semana tiveron unha demora de case unha hora na primeira saída de Vigo
G24.gal
21/09/2023 14:12
A incerteza sobre se chegarán a tempo a traballar é común entre os usuarios do tren entre entre Vigo e A Coruña. Denuncian que os atrasos son habituais, normalmente de entre 10 e 20 minutos, pero en ocasións, coma esta semana, de case unha hora.
Dende Renfe apuntan que foi unha incidencia técnica e piden desculpas aos viaxeiros. O mesmo tren tiña que facer a ruta inversa e saíu da Coruña con 24 minutos de demora.
Ademais os viaxeiros apuntan que os trens van cheos e non hai prazas suficientes para cubrir a demanda. A CXT xa enviou un comunicado á dirección de Renfe urxindo solucións. Esta ruta de media distancia é unha das máis empregadas do país.