Os traballadores do Concello de Vigo denuncian a falta de persoal municipal
O comité de empresa di que están en risco servizos esenciais para os cidadáns
O comité de empresa do Concello de Vigo denuncia que a falta de persoal pon en risco a prestación de servizos aos cidadáns. Os representantes dos traballadores asinaron un escrito conxunto en que aseguran que hai oficinas pechadas e servizos municipais sen persoal, como é o caso do parque de bombeiros, que pon en risco a seguridade.
"Denunciamos as políticas de persoal de Abel Caballero, que están levando este concello a un desmantelamento dos servizos públicos. Políticas que levan a unha destrución do emprego público, privatizando e precarizando emprego para facer dos servizos públicos un negocio", di Pergentino Martínez, presidente do comité de empresa do Concello de Vigo.