Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os usuarios do autobús urbano de Vigo quéixanse da falta de paneis informativos

Os usuarios do autobús urbano de Vigo quéixanse da falta de paneis informativos

Unha gran parte de paradas carecen de pantallas e outras, a pesar de que os teñen, non están en funcionamento

G24.gal 17/01/2024 14:23

A falta de paneis informativos non queda outra que utilizar o móbil para acceder a aplicación que informa en tempo real da frecuencia e hora de chegada dos autobuses.

Os usuarios quéixanse da ausencia das pantallas dixitais nun gran número de paradas. 

Noutras paradas os paneis levan anos instalados pero din os usuarios que nunca chegaron a funcionar.

As modificacións horarias que se producen cada día como consecuencia da folga indefinida do transporte urbano agrava aínda máis o problema.

Reclaman que se poña en funcionamento este servizo e a instalación de pantallas en todas as paradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade