Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense énchese de ilusión para acoller o Valencia nos oitavos da Copa

Ourense énchese de ilusión para acoller o Valencia nos oitavos da Copa

O equipo galego, da 1ª RFEF, loitará por superar a terceira eliminatoria que xoga contra un equipo da Liga de Fútbol Profesional

G24.gal 13/01/2025 12:09

Cando superaron o Guijuelo e saíu o Deportivo a alegría foi máxima no Ourense Club de Fútbol. Poder xogar unha eliminatoria de Copa contra un equipo galego que milita no fútbol profesional. O equipo ourensán conseguiu pasar esa rolda e logo veu o Valladolid. Todo un Primeira División volvía polo campo do Couto despois de varias temporadas sen facelo. Tamén mordeu o po cun brillante partido do equipo de Pablo López que chegou aos oitavos de final como único representante da súa categoría. 

Agora visitará Ourense o Valencia. Un histórico do fútbol español en horas baixas. O equipo valenciano é o claro favorito pero a confianza coa que vai afrontar o cadro galego a eliminatoria e o feito de saber que non hai nada que perder pode ser unha arma moi poderosa. 

A idea do adestrador é xogar como nos outros dous encontros. Sen complexos, sabendo interpretar o partido e dándolle a iniciativa ao rival conscientes de que a oportunidade pode chegar en calquera momento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade