Pesar na Barbanza pola morte dos dous veciños na explosión no Albacora Cuatro
Angel Boo era natural de Palmeira e vivía en Escarabote
Francisco Cameán era de Xuño en Porto do Son
O xefe de máquinas do Albacora Cuatro, Ángel Boo, de 36 anos, era natural de Palmeira, no concello de Ribeira, onde residiu ata hai uns anos. Estudou na Escola Náutico Pesqueira e desde entón a súa vida estaba vencellada ao mar.
Hoxe veciños e compañeiros da infancia estaban apenados pola noticia do seu falecemento.
Consternación tamén nas inmediacións do porto de Escarabote, no concello de Boiro, onde vivía na actualidade xunto á súa muller e dúas fillas pequenas.
A outra vítima do sinistro é o primeiro oficial, Francisco Cameán, tiña 28 anos e era natural de Xuño, no concello do Porto do Son. Lavaba embarcado arredor de 4 anos e cando regresaba a terra a súa paixón era o enduro.
Embarcara canda Ángel Boo en decembro no atunerio Albacora Cuatro e esperaban regresar á casa para celebrar o San Xoán.
Agora familia e veciños agardan a repatriación dos corpos para poder despedirse deles.