Polo menos 3 mortos e 16 feridos nunha explosión nun quiosco en Alemaña
A explosión produciuse sobre as 2:30 da madrugada no distrito de Flingern (Dusseldorf)
Estase a investigar a causa do incendio e a identificación dos falecidos

A explosión dun quiosco situado nos baixos dun edificio residencial en Dusseldorf deixa ata o momento 3 mortos e 16 feridos, segundo informou o Departamento de Bombeiros. A explosión produciuse sobre as 2.30 da madrugada no distrito de Flingern, situado ao norte da cidade.
Os feridos foron todos trasladados aos hospitais da zona e 2 deles atópanse en perigo de morte. Respecto aos falecidos, as autoridades están a traballar na súa identificación.
Segundo a cadea de televisión NTV o quiosco encontrábase completamente en lapas cando chegaron os servizos de emerxencia e o lume xa chegara a entrada do edificio e ao seu primeiro piso.
O diario Rheinische Post sinalou que o incendio xa foi extinguido tras un operativo no que participaron máis de 100 bombeiros. Polo momento descoñécese a causa do lume.