Cargando resultados...
Pontevedra xa bule coa gran cita do tríatlon mundial
Javi Gómez Noya e Kristian Blummenfelt, xuntos nun evento previo á Final das Series Mundiais: "Será unha das finais máis espectaculares dos últimos anos"
Gómez Noya e Blummenfelt, campión mundial e olímpico, esta tarde en Pontevedra
G24.gal
19/09/2023 21:33
Última actualización 19/09/2023 22:00
Este venres comeza o espectáculo do tríatlon na cidade de Pontevedra. A final das series mundiais. Esta tarde estivemos con gran campión, Javi Gomez Noya.
O pentacampión do mundo non competirá na gran cita do Lérez, será espectador e anfitrión. Esta tarde participou nun dos actos previos ó evento desta fin de semana, xunto o actual campión olímpico e campión mundial, Kristian Blummenfelt.
O ambiente xa se nota na cidade de Pontevedra. Gómez Noya agarda unha das finais máis espectaculares dos últimos anos porque o ano que vén hai cita olímpica.
