Cargando resultados...
Jorge Prado volve vencer na manga clasificatoria
Jorge Prado aumenta a 100 puntos a diferenza con Febvre
A vitoria no campionato, cada intre máis preto
.png)
G24.gal
29/07/2023 16:38
Jorge Prado volve demostrar en Finlandia o seu dominio na manga clasificatoria conseguindo o primeiro posto por sexta vez neste tipo de proba.
O de Lugo domiñou dende o principio e logrou unha diferenza de máis de 5 segundos fronte ao francés Febvre, segundo na xeral.
Con este primeiro posto volve chegar aos 100 puntos de diferenza fronte ao francés no campionato e todo indica que o galego será o campión da categoría.
Rubén Fernández recórtalle dous puntos ao helvético Seewer na loita polo podio final.
Mañá, en G24 podrase disfrutar en directo de ambas mangas, a primeira ás 12:00 e a segunda ás 15:00.
