Preto dun milleiro de traballadores de Abanca mobilízanse para pedir melloras salariais
Os empregados aseguran que nos últimos anos perderon un 25 % do seu poder adquisitivo

Preto de un milleiro de traballadores de Abanca mobilizáronse durante a xornada de folga convocada por CIG e ASCA e saíron ás rúas da Coruña para protestar contra os recortes e esixir melloras salariais.
Fontes próximas a Abanca informaron que o paro "non afectou de forma significativa aos servizos" da entidade bancaria e que o seguimento "foi desigual, entre o 5 e o 15 %".
Segundo a CIG, un 90 % da oficinas permaneceron pechadas durante esta xornada de folga, que contou, din, pola súa banda, cun seguimento "masivo".
Nunha manifestación que reuniu máis de mil persoas na Coruña e que saíu do Obelisco, a secretaria de Alternativa Sindical de Caixas de Aforro (ASCA) María Mosquera sinalou que o obxectivo deste paro é lograr que "a empresa sente a negociar" e tentar "recuperar moitas cousas" xa que os empregados perderon "ao redor do 25 % de poder adquisitivo".
Mosquera lembrou que a perda de poder adquisitivo únese "ao mal clima laboral, a presión excesiva por obxectivo, a pouca conciliación e o peor horario do sector".