Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esta fin de semana producirase a primeira vaga de calor en España do ano

Esta fin de semana producirase a primeira vaga de calor en España do ano

Nunca antes chegara tan cedo, segundo os rexistros da Axencia Estatal de Meteoroloxía

A calor chega por unha nova masa de aire cálido africano que entra polo sur

G24.gal 10/06/2022 21:00 Última actualización 12/06/2022 09:55

Os termómetros adiántanse ao verán oficial marcando temperaturas moi altas para esta época do ano. Esta fin de semana agárdase que chegue a primeira vaga de calor de 2022, que se manterá como mínimo ata o vindeiro martes.

A previsión di que moitas zonas da Península e das illas Baleares acadarán entre 35 e 38 graos de temperatura, uns 40 nas contornas dos ríos Guadalquivir, Guadiana, Ebro e Texo, chegando aos 42 graos nalgúns puntos concretos.

A Axencia Española de Meteoroloxía pon en alerta especial as comunidades de Andalucía, Castela-A Mancha e Aragón. Ao caer o sol, as noites serán tropicais tanto no sur coma no centro do país, con temperaturas que non baixarán moito dos 25 graos.

O ambiente máis fresco terémolo no Cantábrico. Cidades como Oviedo e San Sebastián acadarán unhas temperaturas máis suaves, arredor dos 25 graos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade