Cargando resultados...
Prisión para o detido por acoitelar un home na Coruña
O home, que pasou a disposicion xudicial este venres, está investigado por tentativa de homicidio

G24.gal
08/04/2023 11:11
O xuíz decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido o xoves acusado de acoitelar outro na Coruña.
A agresión sucedeu no transcurso dunha liorta contra as seis da mañá do xoves no barrio dos Castros, ao parecer, despois dunha discusión. O ferido indicoulles aos axentes mentres chegaban os sanitarios para atendelo quen era o autor das navalladas.
A vítima, de orixe magrebí, sufriu lesións nunha perna e tivo que ser operado no complexo hospitalario da Coruña.
