Prorrogan ata o 15 de xullo o prazo para extraer mexilla dos bancos naturais
A ampliación do prazo afecta as provincias da Coruña e Pontevedra

A Consellería do Mar dá un mes máis de prazo para a extracción de semente de mexillón en bancos naturais das provincias da Coruña e Pontevedra.
A extracción poderá facerse ata o vindeiro 15 de xullo.
Esta prórroga extraordinaria supón autorizar a actividade entre as 07:00 e as 20:00 horas, excluídos os sábados, domingos e festivos, respectando as zonas de explotación exclusiva de percebe establecidas no 22 de decembro de 2021 sobre plans de xestión para recursos específicos e algas en Galicia para o trienio 2022-2024.
A resolución tamén prohibe extraer semente de mexillón no ámbito do parque nacional marítimo terrestre das illas Atlánticas de Galicia.
"Esta ampliación do período de extracción encaixa coas propostas trasladadas aos representantes dos bateeiros en distintas reunións nos últimos meses co obxectivo de facilitar o desenvolvemento do seu traballo", sinala a Xunta.
Engade que entre as medidas que "seguen sobre a mesa, está a posibilidade de manter a extracción de mexilla todo o ano, de flexibilizar o número de cordas colectoras ou de crear criadeiros para a produción de semente de mexillón".