Publicador de contidos

Publicador de contidos

Protexer unha vivenda do lume pasa por eliminar os materiais combustibles na construción

Protexer unha vivenda do lume pasa por eliminar os materiais combustibles na construción

G24.gal 14/01/2025 21:10 Última actualización 14/01/2025 21:41

Materiais de construción, deseño de fachadas. As características dunha vivenda ou edificio poden aumentar ou diminuír o risco de incendio.

"As vivendas que teñen maior risco de sufrir graves danos nun incendio son as que teñen materiais combustibles nos seus procesos construtivos. Vímolo por exemplo no incendio do edificio de Valencia", explica Andrés Pedreira, voceiro do Observatorio de Novos Riscos de Incendio. 

Eliminar os materiais que favorecen a combustión é o primeiro paso para protexer un fogar. Empregar un detector de incendios reduce os riscos, mais tamén hai que ter en conta non sobrecargar instalacións eléctricas e que as de calefacción interna estean perfectamente revisadas, apuntan no Observatorio.  

Nas últimas semanas sucedéronse no país incendios en vivendas co resultado de varias persoas falecidas. Un estudo de vítimas de incendios do ano 2023 sitúa a Galicia como a segunda comunidade autónoma de España con maior taxa de mortes por incendios en vivendas.

"En Galicia temos unha poboación moi envellecida e vivendas moi envellecidas, polo que aquí hai que dar un salto para mellorar as condicións desas vivendas e mellorar as condicións de seguridade desas persoas". 

O Observatorio de Novos Riscos de Incendios sinala que é contraproducente seguir a empregar materiais combustibles nas obras de mellora enerxética de edificios que se están a acometer na actualidade. Avoga por modificar o código técnico de edificación para que España se equipare aos países europeos da contorna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade