Cargando resultados...
Queiman máis dunha vintena de contedores do lixo en Padrón
Os incendios producíronse nunha decena de lugares da localidade

G24.gal
30/03/2023 15:35
Máis dunha vintena de contedores de lixo arderon esta madrugada en distintas localizacións de Padrón no que parecen ser actos intencionados.
Os incendios producíronse nunha decena de lugares da localidade.
O 112 Galicia recibiu, durante as primeiras horas da madrugada, múltiples chamadas de particulares alertando da situación.
Afortunadamente, non se produciron danos persoais.