Queixas dos comerciantes de Carballo polos contratempos xerados por unhas obras
Moitos negocios falan de perdas durante meses de entre un 30 e un 80 por cento
Comerciantes do centro de Carballo denuncian as perdas económicas que están a sufrir por mor dunhas obras que manteñen unha rúa totalmente pechada ao tráfico de vehículos e peóns.
Levan meses reclamando unha pasarela provisional para peóns e tamén maior axilidade nos traballos dos operarios.
As perdas económicas oscilan de media entre o 30 e 80 por cento para os negocios máis afectados. Algúns mesmo pensan en pechar ata que transcorran os 6 meses previstos, aínda que restan de traballos. E todo despois de 3 meses en que tanto veciños coma comerciantes denuncian lentitude e falta de compromiso por parte das administracións.
Anuncian mobilizacións para protestar contra unha situación que consideran inxusta.