Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rafael Louzán: "Se non confiase na miña inocencia, non sería candidato"

Rafael Louzán: "Se non confiase na miña inocencia, non sería candidato"

Afirma que pretende chegar á RFEF para pacificar o ambiente tan tenso que se viviu nos últimos anos

Foto Onda Cero
G24.gal 10/12/2024 12:47 Última actualización 10/12/2024 13:44

O vindeiro luns celebraranse as eleccións á presidencia da RFEF, en que o presidente da Federación Galega, Rafael Louzán, é o principal favorito a suceder a Pedro Rocha como máximo mandatario do fútbol español.

Tras lograr máis avais que ningún dos outros candidatos, moitos o dan xa por gañador, aínda que el prefire a cautela.

"Temos os avais. Son compromisos, pero hai que deixar á xente o seu tempo de reflexión", explicou en Onda Cero.

"Vimos para facer, non para estar", explica un Louzán que presume de xestión en Galicia

Afirma que pretende chegar á RFEF para pacificar o ambiente tan tenso que se viviu nos últimos anos.

"En Galicia contribuímos a modernizar aquilo e aquí tentamos pacificar o fútbol, acordar con todo o mundo. Creo que era o que había que facer, hai que entenderse e saber escoitar", conta.

O gran pero da candidatura de Louzán é a inhabilitación que pesa sobre el por unha condena por prevaricación, pero o candidato móstrase tranquilo xa que está recorrida e "é un tema de interpretación administrativa".

"Teño fe e confianza na Xustiza", explica seguro de que non supoñerá ningún problema.

Louzán é, ademais, un candidato moi próximo a Pedro Rocha, cara ao que se desfai en eloxios e afirma que hai que agradecerlle "o momento de paz" que se vive na RFEF.

"Pedro Rocha era o mellor candidato, sen dúbida. Díxome que se el non estaba debería ser eu o que asumise esa responsabilidade".

"Levamos un ano e medio de tranquilidade e entendemento cos actores do fútbol: LFP, Liga F, sindicatos...", destaca un Louzán.

Asegura que non tardará en chegar a un acordo económico con Luis de la Fuente para renovar o seu contrato como seleccionador e valora positivamente o traballo de Medina Cantalejo e Montse Tomé á fronte do CTA e da selección feminina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade