Cargando resultados...
Raúl Jardiel, o novo técnico do Arenteiro quere "seguir dando pasos cara a arriba"
Chega procedente do Teruel e co obxectivo de reconstruír o equipo e acadar a salvación na Primeira RFEF
G24.gal
01/07/2024 20:37
O Arenteiro presentou esta tarde o seu novo adestrador, Raúl Jardiel. O técnico zaragozano asinou por unha temporada, ata o 30 de xuño de 2025. Jardiel, consciente da necesidade de reconstruír o equipo, afronta o reto de manter o bo nivel amosado polo Arenteiro nas últimas temporadas. O novo proxecto do Arenteiro arrancará a pretemporada o 17 de xullo.