Cargando resultados...
Rescatan un pescador que caeu ao mar na praia de Arnela
Unha chamada ao 112 alertou de que estaba aboiado cun golpe na cabeza

G24.gal
25/10/2021 21:43
Salvamento Marítimo rescatou un home que caeu á auga esta tarde cando estaba a pescar nunhas rochas na praia de Arnela, en Fisterra. Unha chamada ao 112 alertou de que estaba aboiando cun golpe na cabeza.
Foi trasladado en helicóptero ata o Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee. Nas tarefas de rescate tamén participaron a Garda Civil, a Policía Local, Protección Civil e varios pesqueiros que navegaban pola zona.