Roberto Sáez levará a batuta do Lugo na parcela deportiva
O novo director deportivo do cadro lucense destacou no Mirandés, onde estivo catro temporadas realizando ese labor (2018-22)

O Lugo xa ten o director deportivo que terá que confeccionar o cadro de xogadores para a campaña 24-25. É Roberto Sáez Valerio (1976), que chega avalado polas catro tempadas nas que estivo dirixindo con moito éxito o Club Deportivo Mirandés. Entre 2018 e 2022, a Sáez confiáronlle un equipo que ascendeu a Segunda A no seu primeiro ano e conseguiu manterse na categoría de prata. As fichaxes que fixo e o perfil de equipo eran moi concretos; asinar xogadores novos e con proxección, moitos deles procedentes das canteiras do Athletic ou da Real Sociedade.
A temporada pasada estivo na 1.ª RFEF como director deportivo do Sestao Sport, polo que tamén é un gran coñecedor da categoría, algo que busca Tino Saqués con este novo perfil unha vez destituído David Peláez.