Rouban ata tres camións para tentar levar hélices de cobre de barcos no Salnés
Roubaron os vehículos segundo ían rebentando os guindastres
Hai un mes unha das empresas sufriu o roubo dun camión cunha turbina
Varios ladróns roubaron un camión guindastre en Vilagarcía de Arousa. As cámaras de seguridade captáronos levando o vehículo dunha nave para tentar roubar unha ducia de hélices de barco de bronce dunha empresa que valora a súa mercancía en medio millón de euros.
José Luis Plaza, xerente de Baygar, conta que foron moi rápidos. "Creo que en tres minutos fixeron todo. Rebentaron a ventá, desbloquearon a ponte de arranque e abriron a porta d fora. Cando quixeron manexar o guindastre fallaron e se decataron de que o camión non lles valía e foron por outro; ben, por dous máis".
Tras agochar o guindastre avariado, os ladróns entraron noutra empresa de transportes para repetir a operación. O responsable de Transportes Sartal, Tomás Sartal, tamén relata que "primeiro foron a por un camión a Baygar e logo foron a Fondivisa. Avariaron o guindastre e viñeron buscar este as sete da tarde. Levárona, esparraron a guindastre. Romperon botellas, latiguillos, e fixeron un cristo, e despois viñeron buscar outro camión porque este xa non funcionaba. E co outro camións cargaron hélices alí".
Despois de rebentar o segundo guindastre, roubaron un terceiro, e lograron cargar polo menos sete hélices. Foi entón cando foron sorprendidos polo garda de seguridade e fuxiron a pé. Un roubo frustrado que, en calquera caso, ía fallar porque os camións non eran capaces de soportar tanto peso.