Rouban nunha vivenda do Barco de Valdeorras unha colección de moedas valorada nuns 15.000 euros
Na denuncia perante a Garda Civil, o dono taxou o roubado entre 10 e 15.000 euros, que é o que lle custaron a el as moedas que ía comprando pouco a pouco
Leva máis de 50 anos coleccionando moedas e confía tamén en recuperar a súa prezada colección
Máis de 50 anos coleccionando moedas, para quedar sen elas nunha soa noite. Un veciño do Barco de Valdeorras denuncia que os ladróns lle levaron o seu tesouro máis querido.
Juan ten clara a secuencia dos feitos. O ladrón, ou ladróns, entrou saltando o valado e accedeu a todas as portas do baixo da casa. Primeiro, na cociña.
O botín conseguiuno na terceira porta, a que estaba baixo chave. Leva máis de 50 anos coleccionando moedas. Tiña unha ducia de libros e só lle deixaron dous.
Na denuncia perante a Garda Civil taxou o roubado entre 10 e 15.000 euros, que é o que lle custaron a el as moedas que ía comprando pouco a pouco, pero calcula que o valor actual de mercado é moi superior.
Agora xa as cambiou de sitio, para preservar as que quedaron. Confía tamén en recuperar a súa prezada colección.