Cargando resultados...
Rouban parte da decoración de Nadal en Caldas
Só unhas horas despois de colocados os adornos para ambientar as rúas do centro, parte deles desapareceron

G24.gal
06/12/2022 14:28
Pouco durou a decoración de Nadal en Caldas de Reis. Só unhas horas despois de colocados os adornos para ambientar as rúas do centro, parte deles desapareceron.
Os operarios acabaron o traballo sobre as 9 da noite e contra a unha e media xa faltaban varios cordeiros de xeso que estaban fixados no chan.
Agora esperan que as imaxes gravadas polas cámaras de seguridade dun hotel poidan conducir aos autores do roubo.