Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban seis vigas de ferro de máis de cinco toneladas en Vilanova

Rouban seis vigas de ferro de máis de cinco toneladas en Vilanova

Unha testemuña viu un camión coas vigas na zona do roubo

A Garda Civil e a Policía Local abriron unha investigación para dar co ladrón

G24.gal 29/01/2024 14:32

Máis de cinco toneladas. Iso é o que pesaba o material roubado nunha empresa da parroquia de San Miguel de Deiro, en Vilanova de Arousa. O botín, seis vigas de ferro de 12 metros de lonxitude e preto de mil quilos de peso cada unha.

Álvaro Otero, vítima do roubo, asegura que iso non o fixo un ladrón calquera porque se necesita maquinaria que é cara.

A subtracción produciuse o venres contra as oito da tarde. Para levala a cabo foi necesario utilizar un camión de grandes dimensións dotado de guindastre. Unha testemuña asegura que esa tarde viu un vehículo desas características na zona. 

Álvaro Otero sinala que un veciño viu un camión branco coas vigas. Di que o ocupante medía entre un metro setenta e un metro setenta e cinco e era calvo.

O apoderado da empresa asegura que non é a primeira vez que son obxectivo dos ladróns. Otero apunta que hai dous anos roubáronlle un compresor que estaba valorado en 15.000 euros.

A Garda Civil e a Policía Local abriron unha investigación para dar co autor deste insólito roubo. Dende a empresa agradecen calquera información que poida servir de axuda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade