Rusia celebra este martes o Día da Vitoria sobre a Alemaña nazi
O exército ruso recrúa os bombardeos contra as cidades ucraínas

Rusia celebra hoxe o Día da Vitoria, que conmemora a derrota da Alemaña nazi a mans da Unión Soviética, un desfile marcado este ano polo reforzo das medidas de seguridade por temor a atentados ou sabotaxes.
Nas horas previas á celebración, o exército ruso lanzou un intenso bombardeo contra varias cidades ucraínas, tamén contra a capital. En todo o país, volveuse declarar a alarma aérea ante a ameaza de que Rusia podería engadir aos seus ataques mísiles hipersónicos, difíciles de derrubar polos sistemas de defensa ucraínos.
A presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen acaba de chegar a Kíiv para conmemorar con Volodimir Zelenski o Día de Europa e reafirmar o seu apoio a Ucraína.