Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sae ileso dun accidente en Maside un rioxano co carné suspendido que deu positivo en alcol e drogas

Sae ileso dun accidente en Maside un rioxano co carné suspendido que deu positivo en alcol e drogas

O seu turismo envorcou na AG-53 en sentido a Santiago

Ileso nun accidente en Maside( Ourense) un home co carné caducado e positivo en alcol e drogas/ Garda Civil Ileso nun accidente en Maside( Ourense) un home co carné caducado e positivo en alcol e drogas/ Garda Civil
G24.gal 08/07/2023 19:47

Un veciño da Rioxa de 53 anos saíu ileso dun accidente de tráfico na AG-53 entre Ourense e Santiago tras irse da vía e envorcar no quilómetro 79 en sentido a Santiago, á altura de Maside este sábado pola tarde.

O condutor logrou saír do vehículo sinistrado pola súa conta.

A sorpresa chegou cando os axentes da Garda Civil que se desprazaron ata o lugar fixéronlle o control preceptivo. Cando lle solicitaron a documentación comprobaron que tiña o permiso de conducir suspendido, ademais da ITV do turismo caducada.

A estas infraccións súmaselle que deu positivo en alcol, cunha taxa de 1,09 miligramos por litro, e tamén en cocaína e anfetaminas, probas que deberá de confirmar o laboratorio.

A Garda Civil, con estes resultados preliminares, abriu dilixencias contra o condutor. Ata o lugar do accidente desprazáronse tamén os bombeiros do Carballiño e os servizos sanitarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade