Sánchez pide comparecer no Congreso o 27 de novembro para informar sobre a xestión da DINA
O presidente do Goberno viaxa esta semana ao Brasil para participar no cumio do G-20

O Goberno rexistrará este luns no Congreso dos Deputados unha solicitude de comparecencia a petición propia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ante o pleno para informar sobre a xestión do Goberno en relación coa DINA.
Ante a viaxe que o presidente vai realizar ao Brasil esta semana para asistir ás reunións do G-20, a previsión é que a Xunta de Voceiros do Congreso inclúa a súa comparecencia na orde do día da sesión plenaria do 27 de novembro.
Polo de agora xa compareceron no Parlamento para informar sobre a xestión do Executivo en relación cos efectos da DINA o ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, no Congreso, e a ministra de Defensa, Margarita Robles, no Senado, o pasaodo13 de novembro.
O próximo mércores 20 de novembro faráo a vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, que informará sobre estas medidas no Congreso.